Coidados das pezas

En renatta&go queremos axudarche a que a túa roupa conserve a mesma calidade que tiña o día que a estreaches e por iso dámoshe unhas pautas á hora de coidar as túas pezas. Lembra que sempre atoparás a información necesaria e exacta nas etiquetas.

Consellos para lavar, pasar o ferro e secar todas as túas pezas:

  1. Le os consellos da etiqueta da roupa antes de lavala, secala ou pasarlle o ferro.
  1. Revisa os petos das túas chaquetas e pantalóns e pecha as cremalleiras das túas pezas antes de metelas na lavadora. Poden estragarse e estragar o resto da roupa que lavas.
  1. Tenta lavar a roupa sempre con auga fría para evitar un desgaste maior da peza ou os destiñidos. Ademais, lava sempre por cores (brancos e beixes xuntos, cores escuras por outro lado, roupa vermella separada…).
  1. Non utilices lixívia para lavar a roupa, dánaa e pode amarelar os brancos. Se precisas quitar unha mancha nun tecido branco, aconsellámoche humedecer a peza e aplicarlle un quitamanchas con oxíxeno activo para roupa branca un pouco antes de introducila na lavadora.
  1. Se por algún motivo non puideses lavar a man unha peza que así o require, aconsellámoche lavala en auga fría, dentro dunha bolsa de tea sen cremalleiras, en ciclo delicado e sen centrifugado.
  1. Evita o suavizante na medida do posible, pode degradar algúns tecidos, en especial aqueles que leven unha capa impermeabilizante.
  1. Para evitar destiñidos, á parte de separar a roupa por cores, aconsellámoche introducir no tambor da lavadora unha “toalliña atrapacores”. Se xa se che destiñiron as pezas e son de cor, aconsellámoche encher unha bañeira de auga fría e mergullar nela as pezas con abondo “quitamanchas con oxíxeno activo para pezas de cor”. Ao día seguinte, lávaas no ciclo que corresponda na lavadora.
  1. Unha vez rematado o ciclo de lavado, saca a roupa canto antes da lavadora.
  1. Sabemos que as secadoras poden ser moi útiles ás veces, pero é mellor evitar utilizalas xa que poden encoller e estragar a roupa.
  1. Á hora de poer a roupa a secar tenta facelo pola metade ou polas costuras de xeito que non se deforme a peza. Estíraa ben para evitar as engurras
  1. Ten especial coidado coas perchas que poden deixar marca na roupa, especialmente as de plástico que permiten enganchar as túas pezas.
Segundo o material co que estean feitas:

Algodón

Ben coñecido por todos, o algodón é un tecido de orixe natural, agradable ao tacto e incriblemente versátil. As nosas lavadoras adoitan ter un programa específico para este material, pero é bo lavalo sempre en auga fría para evitar que a roupa encolla. Outro consello é tratar as manchas en algodón antes de metelas na lavadora.

Liño

É unha fibra téxtil de orixe vexetal que se caracteriza por ser un material forte e resistente. O liño pode encoller coa calor, polo que é importante lavalo sempre en auga fría, tanto a man como na lavadora.

Denim

Este tecido, composto en gran parte por algodón, está presente practicamente en todos os nosos armarios. Á hora de lavalos é moi importante asegurarse de pechar ben as cremalleiras e os botóns e dar a volta á peza antes de lavala con auga fría.

Viscosa, bambula ou raión

Unha fibra artificial de orixe celulósica cun tacto suave, lixeiro e cómodo, similar ao da seda. Recomendamos lavar este material a man ou en programas moi delicados xunto a outras pezas que non conteñan materiais ou cores que poidan danar o tecido.

Tencel

Este material está feito de fibras de celulosa. É fresco, sinxelo de levar, non encolle e non se engurra con facilidade. O noso consello é que o laves nun programa para roupa delicada e que evites o centrifugado.

Nailon

É un polímero sintético moi lixeiro, que non se engurra e con gran resistencia ao desgaste. Aínda que se pode lavar na lavadora, é recomendable facelo a man para evitar que as pezas se danen co seu uso continuado.

Poliéster

É unha fibra sintética, versátil e doada de coidar. Pode lavarse na lavadora sen encoller e non se engurra. É un material duradeiro aínda que pode desgastarse co tempo coa consecuente aparición de pilling.

La

Esta fibra natural é unha das máis quentes e elásticas que hai e practicamente non se engurra. Debe lavarse a man, a baixas temperaturas ou en seco para evitar que encolla. Seca estas pezas en horizontal e non utilices perchas para colgalas para evitar que se deformen e alonguen.

Abrigos de plumas ou anorak

Os plumíferos, xa sexan de plumas ou de fibra sintética, pódense lavar na lavadora, sempre en auga fría e sen suavizante. Aconsellámoche que lle des a volta e peches as cremalleiras. Aconsellámoche secalo en horizontal, axitándoo de cando en vez ata o seu completo secado. Pode secarse en secadora; nese caso, aconsellámoche igual que no lavado que introduzas unha pelota para que vaia afofando as fibras.

Antelina

É unha microfibra non tecida que imita o ante sintético. Para lavala é mellor tratar as manchas antes de lavar toda a peza. Consulta a etiqueta para asegurarte do tipo de lavado que se recomenda xa que pode variar segundo a peza.

Coiro e ante

Dous materiais que requiren un mantemento especial e moito coidado á hora de ser lavados. Utiliza un pano húmido enriba das manchas superficiais ou consulta a un especialista no caso de que prefiras levar a cabo un lavado máis xenérico da peza.

Seda

Fibra natural de tacto sedoso e gran brillo. Recoméndase lavar en auga fría, en ciclo delicado e sen centrifugado. Mellor se a lavas dentro dunha bolsa de tea sen cremalleiras. Desaconséllase o uso de suavizante. O deterxente debe ser o máis natural posible; algunhas persoas utilizan unhas poucas gotas de amoníaco en vez do deterxente. Para pasarlle o ferro, pon un pano enriba e temperatura baixa ou, se tes, utiliza un ferro de vapor vertical.